O Courel acolle en setembro as xornadas Quilómetros verticais

RibeiraSacraXa
Folgoso do Courel acolle no fin de semana dos días 25 e 26 de setembro as xornadas Quilómetros verticais O Courel.
quilometros courel cartel
26 Aug 2021

Folgoso do Courel acolle no fin de semana dos días 25 e 26 de setembro as xornadas Quilómetros verticais O Courel.

O primeiro día, o 25 de setembro, a xornada comezará ás 17.00 horas co Quilómetro vertical do Penaboa, cunha lonxitude de 4,6 quilómetros e un desnivel de 960 metros. Ese mesmo día ás 21.15 horas levarase a cabo o Quilómetro vertical nocturno do Coto que conta cunha lonxitude de 2 quilómetros e cun desnivel de 500 metros. Finalmente, no día 26 celebrarase ás 10 horas o Quilómetro vertical do Formigueiros, cunha lonxitude de 3,9 quilómetros e un desnivel positivo de 950 metros.

Desta forma búscase pasar dous días cheos de deporte ao aire libre nunha paisaxe única como é a serra do Courel. Os organizadores do evento son Montouto, club de montaña e o concello de Folgoso do Courel.

Para máis información ou para calquera dúbida pódese consultar co concello no teléfono 982 433 001.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17595911026001