'O correr da vida en Remesar' chega á Biblioteca Municipal de Bóveda

RibeiraSacraXa
Alejandro Díaz Castro, visitou hoxe o Concello de Bóveda para facer entrega do libro O correr da vida en Remesar.
O correr da vida remesar boveda
9 Nov 2021

Alejandro Díaz Castro, un veciño do Concello de Bóveda visitou hoxe o despacho do alcalde para facer entrega da súa obra o libro: O correr da vida en Remesar.
O escritor estivo acompañado pola súa dona, Victoria María Fuentes Rojo.
Este volume fala da traxectoria da vida do escritor dende que naceu na Casa do Vázquez en 1934. Acompañámolo pola súa historia vital e polas vivencias que tivo en Remesar. Lembra o frío, a Guerra Civil, a dureza do traballo labrego, pero tamén os sabores, os olores e os sentimentos de quen un día foi neno e quería ver mundo. Díaz Castro vive uns anos en Barcelona e despois fai carreira militar, agora está de volta no seu Remesar natal.
O Concello de Bóveda conta con varios exemplares do volume, que poderán consultarse na Biblioteca Pública Municipal. Tamén se doará algún volume ao CEIP Rosalía de Castro.
Pódese consultar co escritor a través do teléfono do seu fillo : 616 43 33 91.

DSC_2511
0.14827990531921