O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 10 anos este sábado 26
O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 10 anos de iniciativas de emprendemento que se viron materializadas grazas á aportación económica que lles supuxo ser finalistas do certame.
O concurso busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos, tendo preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.
Este 26 de outubro desde as 10.00 horas preséntanse ante o xurado no Parador de Turismo de Monforte os 10 proxectos que chegaron á final: ALGASLIME, TECNOALGAE, REVALORIZACIÓN AUGAS RESIDUAIS CON MICROALGAS, GEMMA & NAZA CHEESECAKES, PIEL NATURA, ENZICAS, VIÑALERT, FUNGUSVID, FICAR AQUÍ, VANETTA FOOD e RESPIRO SOSTIBLE.
O fallo do xurado darase a coñecer na mesma xornada do 26 de outubro, despois da cea de aniversario que se celebrará no Parador de Turismo de Monforte. Durante a cea e gala de entrega de premios contarase coa presenza da Conselleria do Medio Rural, María José Gómez Rodríguez e das directoras territoriais da Consellería de Emprego en Lugo e Ourense, Carmen José Lopez e Marta Vázquez Guzmán, respectivamente.
Acudirán tamén representantes da Deputación Provincial de Ourense, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e dos concellos, empresas e institucións que patrocinan e colaboran co Concurso. Destes actos participarán tamén os proxectos finalistas e con motivo da celebración do X aniversario, están invitados representantes dos proxectos gañadores en edición anteriores.