O Concello do Saviñao necesita vivenda pública, segundo a Asociación Veciñal do Saviñao

RibeiraSacraXa
A Asociación Veciñal do Saviñao expón a necesidade de vivenda pública que necesita o Concello do Saviñao, xa que, explican "nestes últimos anos fíxose patente o incremento na demanda de vivenda no noso municipio".
Asociación Veciñal Saviñao
Asociación Veciñal Saviñao
7 Out 2023

A Asociación Veciñal do Saviñao expón a necesidade de vivenda pública que necesita o Concello do Saviñao, xa que, explican "nestes últimos anos fíxose patente o incremento na demanda de vivenda no noso municipio".

Sosteñen que a vivenda convertiuse nun problema de ámbito nacional, pero tamén "se extendeu e compromete ao mundo rural, agravando a perigosa e progresiva perda poboacional".

Así, din que no Saviñao chegaron un considerable número de inmigrantes que achegan familias enteiras coa intención de traballar e vivir no Concello e que hai moitas parellas novas "que buscan vivenda aquí e non a atopan, tendo que marcharse aos municipios veciños de Chantada e Monforte para conseguila. Este éxodo másivo está mermando aínda mais a poboación, que sufriu nos últimos catro anos a perda de máis de 500 habitantes", indican.

O Saviñao necesita vivenda pública

Desde a Asociación sosteñen que no Saviñao "non existe unha oferta de vivenda que dea cuberto as necesidades actuais. Esta carencia, que agrava aínda mais a caída poboacional e pon en risco a pervivencia do concello, fai urxente e imprescindible a inmediata actuación da administración local", explican.

Por iso, a asociación veciñal solicita e reclama á Alcaldía e aos partidos da corporación que se valore de xeito serio e consensuado a creación inmediata de vivenda pública no municipio en resposta á demanda urxente da poboación, "que non se subsana coa oferta existente de vivenda en aluguer ou propiedade, que é insignificante", denuncian.

0.1867401599884