O Concello do Saviñao acollerá unha sesión de 'A Administración preto de ti'

RibeiraSacraXa
O servizo A Administración Preto de Ti estará no Concello do Saviñao o vindeiro 31 de xaneiro ás 10.
22 Xan 2023

O servizo A Administración Preto de Ti estará no Concello do Saviñao o vindeiro 31 de xaneiro ás 10.15 horas para axudar aos habitantes das zonas rurais a que poidan realizar xestións por vía telemática nas distintas administracións públicas.

Tal e como afirma Rodríguez o que se busca é "facilitar que os habitantes dos pobos non teñan que desprazarse e poidan realizar os trámites dende o seu municipio".

Este programa piloto que beneficiará a un total de 7,5 millóns de habitantes de pobos pequenos de toda España ao recibir servizos da Administración Xeral do Estado nos seus concellos, foi presentado pola ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez.

O obxectivo do Gobierno é achegar a Administración á ciudadanía para fortalecer a cohesión social e territorial, combater a brecha dixital e reforzar a igualdade de oportunidades, segundo a ministra "transformando o noso país e facendo unha Administración máis útil e próxima".

0.14788913726807