O Concello de Taboada convoca un concurso fotográfico de disfraces

RibeiraSacraXa
Metidos xa de cheo nas celebracións deste Entroido atípico, Taboada vén de sumarse á listaxe de concellos que apostan por convocar un certame fotográfico de disfraces, a través das redes, co fin de manter vivo o espírito destas datas sen correr riscos pola pandemia da covid-19.
máscara Entroido
máscara Entroido
14 feb 2021

Metidos xa de cheo nas celebracións deste Entroido atípico, Taboada vén de sumarse á listaxe de concellos que apostan por convocar un certame fotográfico de disfraces, a través das redes, co fin de manter vivo o espírito destas datas sen correr riscos pola pandemia da covid-19.

As persoas interesadas en participar neste concurso teñen que enviar unha fotografía co seu disfrace, ben sexa individual ou en grupo, pero sempre con conviventes, ao correo info@concellotaboada.es. No mesmo correo deberá figurar o nome completo, a idade, a dirección e o teléfono de contacto do participante, así como a autorización para a publicación das instantáneas nas redes sociais do Concello. Cada persoa poderá concorrer ao certame cun máximo de tres fotografías.

O Concello recibirá as fotografías ata o vindeiro venres 19 de febreiro, ás 14.00 horas. O luns 22, as imaxes recibidas subiranse ao facebook oficial do Concello de Taboada, e as tres que máis 'gústame' acaden ata o día 26, ás 14.00 horas, serán as gañadoras.

Cada participante só poderá obter un premio. Os gañadores do concurso recibirán cadanseu vale de 50 euros para gastar no comercio local. Ademais, sortearanse outros tres vales de 30 euros entre todos os participantes.

cartel entroido taboada