O Concello de Sober organiza unhas xornadas de sensibilización e corresponsabilidade en igualdade

RibeiraSacraXa
Os vindeiros 7, 12 e 19 de setembro terán lugar unhas xornadas de sensibilización e formación en corresponsabilidade organizadas polo Concello de Sober e dirixidas a menores de idade e aos pais e nais.
Concello de Sober
1 sep 2023

Os vindeiros 7, 12 e 19 de setembro terán lugar unhas xornadas de sensibilización e formación en corresponsabilidade organizadas polo Concello de Sober e dirixidas a menores de idade e aos pais e nais.

A súa finalidade é a de reflexionar sobre o ámbito público e privado, observando as diferenzas que existen entre mulleres e homes, loitando, así, por realidades igualitarias e espazos compartidos.

Así, a sesión de nenos e nenas terá lugar o xoves 7 de setembro de 10.00 a 14.00 horas e a de adultos será o martes 12 de setembro e o 19 de setembro de 20.00 a 21.00 horas.

As prazas son limitadas, polo que é necesario reservar chamando o número de teléfono 982460513 ou 628055236. Terán prioridade as persoas censadas no Concello de Sober.

A actividade está financiada por la Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade e execútase dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober, a través da contratación da Clínica Nós.

0.098343849182129