O Concello de Sober axudará ás familias a adquirir libros de texto e material escolar

RibeiraSacraXa
O Goberno local destina a estas axudas 12.500 euros, contía prevista que poderá incrementarse en función das solicitudes
axudas-educación-Sober
25 sep 2024

O Concello de Sober publica as bases concesión de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar e, no seu caso, gastos de matrícula no centro universitario, de alumnas/os matriculadas/os de Educación Infantil e Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme do Concello de Sober e para alumnos de educación secundaria, ciclos de FP, Alumnos BAC e Universitarios en réxime de concorrencia non competitiva.

O Goberno local destina a estas axudas 12.500 euros, contía prevista que poderá incrementarse en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

As axudas serán como máximo de 100 euros por cada fillo que estea cursando estudios de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos ou primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme , no curso 2024/2025.

Pola súa parte, as axudas serán como máximo de 125 euros por alumno que estea cursando estudios de secundaria, ciclos de FP ou BAC no curso académico 2024/2025.

Finalmente, as axudas serán como máximo de 250 euros por alumno que estea cursando estudios universitarios no curso académico 2024/2025.

O prazo de presentación de solicitudes por parte da veciñanza é desde o momento ata o vindeiro 15 de outubro.

 

0.17697191238403