O Concello de Ribas de Sil programa actividades teatrais no marco de ‘Tardes de teatro no inverno’

RibeiraSacraXa
Todas as obras de teatro serán representadas no salón de actos do Concello ás 19.00 horas
teatro-Ribas-de-Sil
2 Out 2024

O Concello de Ribas de Sil programa unha gran cantidade de actividades teatrais no marco de ‘Tardes de teatro no inverno’, que serán representadas no salón de actos do Concello ás 19.00 horas.

Desta maneira, a primeira será o vindeiro 11 de outubro coa actuación-demostración de regueifas, actividade organizada polo servizo de normalización lingüística de Ribas de Sil e Quiroga.

A seguinte proposta será o 12 de outubro co Teatro do Miolo profesional coa representación para todos os públicos da obra ‘Saíndo do cerco’.

Pola súa parte, o día 19 de outubro terá lugar unha viaxe a Santiago que terá lugar a partir das 09.00 horas coa saída desde o Concello. Ao chegar a Santiago, as persoas participantes visitarán o caso antiguo de Santiago e, ás 18.00 horas, verán a obra ‘Terceiro acto’ do Centro Dramático Galego no salón teatro.

Xa en novembro, o día 2 o grupo afeccionado Pico do Castro representará en Ribas de Sil a obra ‘As mentiras teñen os pés pequenos’ e o día 30 será a quenda do grupo afeccionado O Centiño, que representará ‘De poucas luces’.

Finalmente, no mes de decembro, o día 7 terá lugar a representación da obra ‘Arte’ de Hipócrita Teatro, que está destinada para público maior de 12 anos, e o 28 de decembro rematará a actividade teatral deste ano coa obra ‘O muro’ de O Trípode.

0.18332290649414