O Concello de Monforte súmase mañá xoves ó Día Mundial da Sida

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte de Lemos súmase mañá xoves ó Día Mundial da Sida iluminando de vermello a Torre da Homenaxe
torre homenaxe monforte
torre homenaxe monforte
30 nov 2022

O Concello de Monforte iluminará mañá xoves 1 de decembro a Torre da Homenaxe de cor vermello con motivo do Día Mundial da SIDA. Un día na que xente de todo o mundo únese para apoiar ás persoas que viven co VIH e lembrar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida.

Monforte de Lemos súmase maña 1 de decembro ó Día Mundial da SIDA. Cada Día Mundial da Sida vira ó redor dun tema diferente, este ano o lema é Igualdade Xa, e incorpora toda unha lista de desafíos sobre os que se alertan en todo o mundo.

Establecido en 1988, o Día Mundial da Sida foi o primeiro día dedicado á saúde en todo o mundo. Dende entón as axencias das Nacións Unidas, os Gobernos e a sociedade civil reúnense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas co VIH.

O Día Mundial da Sida segue sendo tan importante hoxe como cando empezou, e continúa lembrando á sociedade e aos Gobernos que o VIH non desapareceu.

A día de hoxe, é fundamental aumentar o financiamento para a resposta á sida. Tamén é esencial que a sociedade no seu conxunto tome conciencia de como o VIH afecta a vida das persoas, para que deste xeito podamos poñer fin ao estigma e a discriminación, e consigamos mellorar a calidade de vida das persoas que viven co VIH.