O Concello de Monforte repartiu flores da igualdade durante o acto do 8M

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte repartiu flores da igualdade durante o acto do 8M despois da lectura do manifesto feminista
Día da Muller Monforte
Día da Muller Monforte
9 mar 2023

O Concello de Monforte acolleu no Día da Muller un acto central en que destacou a lectura do manifesto en defensa da igualdade e a repartición entre os asistentes dunhas plantas da igualdade.

Estas repartíronse como unha representación metafórica do esforzo e coidado diario que temos que facer entre todos para conseguir a meta perseguida, a igualdade real na vida cotiá.

O programa, 'A igualdade non é flor dun día, é un chamamento a manter vivo o espírito do 8M durante os 365 días do ano para que a sociedade siga avanzando cara a igualdade real entre homes e mulleres.

Ademáis deste acto tan simbólico, a campaña informativa e divulgativa 'Monforte pola igualdade' e os obradoiros dirixidos a alumnos de primaria van desenvolverse durante o mes de marzo coa finalidade de manter vivo o espírito do 8 de marzo durante os 365 días do ano para que a sociedade siga avanzando cara a igualdade real entre homes e mulleres.