O Concello de Monforte estivo presente na xornada do Día Europeo da Agricultura Ecolóxica

RibeiraSacraXa
Gloria Prada, tenente de alcalde do Concello de Monforte, participou na xornada conmemorativa do Día Europeo da Agricultura Ecolóxica, que, organizado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), contou coa participación de máis de 400 nenos e nenas de centros educativos da cidade, que encheron o Auditorio do Edificio Multiusos.
dia europeo agricultura
dia europeo agricultura
23 sep 2023

Gloria Prada, tenente de alcalde do Concello de Monforte, participou na xornada conmemorativa do Día Europeo da Agricultura Ecolóxica, que, organizado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), contou coa participación de máis de 400 nenos e nenas de centros educativos da cidade, que encheron o Auditorio do Edificio Multiusos.

Na súa intervención, Gloria Prada resaltou os valores que a Agricultura Ecolóxica ten na sociedade, “pois os produtos do campo son fundamentais para a nosa alimentación, para comer de forma saudable, e especialmente os certificados como ecolóxicos”.

Tamén agradeceu a concelleira monfortina que o CRAEGA organizara esta xornada en Monforte, porque “contamos cun importante entorno rural, no que a agricultura é un sector fundamental dentro do noso sector primario”.

Prada tamén desexou aos nenos e nenas participantes que disfrutaran da xornada, que “aprendades moito de agricultura ecolóxica da man dos Bolechas, porque temos que darlle á agricultura certificada de calidade o valor que se merece. Espero que apreciedes o valor e o sabor que teñen estes produtos de máxima calidade procedentes do noso campo, porque todos temos algún familiar que ten hortas, e os produtos saben diferente”.

Precisamente, tras as intervencións institucionais tivo lugar a actuación de rock infantil e familiar a cargo de Pakolas, quen estivo acompañado polos Bolechas. Na xornada, tamén tivo lugar a presentación do libro “Os Bolechas, os alimentos ecolóxicos”, impulsado polo CRAEGA, na que estivo presente o propio autor da publicación, Pepe Carreiro, que debuxou os recoñecidos personaxes en directo.

Gloria Prada, estivo acompañada polo deputado de Promoción Económica e Social da Deputación, Pablo Rivera, o director do AGACAL, José Luis Cabarcos e o presidente do CRAEGA, Francisco López.

Interior dun mazo, arquivo Ebeling, nº515
0.16625189781189