O Concello de Monforte avisa de cortes de auga este xoves en varias rúas por obras de mellora da rede

O Concello de Monforte de Lemos informa dun corte no subministro de auga que afectará mañá, xoves 23 de abril, a varias rúas do municipio debido á realización de obras na rede de tubaxes destinadas a mellorar o servizo de abastecemento.
As zonas afectadas serán a rúa Incio, Camiño da Chorima, Escultor Francisco Moure a partir do paso a nivel, Montepando, Reboredo a partir do paso a nivel, A Lagoa, A Regueira e Piñeira.
Os traballos serán executados pola empresa concesionaria do servizo, Aqualia, e desenvolveranse entre as 9:00 e as 16:00 horas. Durante ese período será necesario interromper o subministro de auga nas áreas sinaladas.
O Concello agradece a comprensión da veciñanza polas posibles molestias derivadas destas actuacións, que teñen como obxectivo a mellora da rede de abastecemento municipal.