O Concello de Monforte amplía a 18 o número de colectores para a recollida de roupa usada

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte de Lemos amplía a dezaoito o número total de colectores para a recollida de roupa usada
concello monforte
concello monforte
5 dic 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que o Concello ven de instalar seis novos colectores para a recollida de roupa usada na cidade.

Estes novos colectores engádense ós doce xa instalados en 2020, cando o Concello autorizou dita instalación e xestión á empresa Texlimca S.A.

Son colectores destinados á recollida de roupa usada, calzado e restos de produtos téxtiles, definidos na Lista Europea de Residuos (Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro).

Deste xeito, instalouse un colector para roupa usada en cada unha destas ubicacións: na rúa San Lázaro, en Escultor Francisco Moure, na rúa Chantada, na Corredoira, en San Pedro e na rúa Ourense.

Estes 6 novos colectores téxtiles engádense ós doce xa colocados en diferentes puntos estratéxicos da cidade, que son o Campo San Antonio, a rúa Chantada a avenida de Galicia, a rúa Estrella o Paseo do Malecón, a praza da Estación, o Paseo de Lugo, o estacionamento do Parque dos Condes, as rúas Ourense, Morín, Corredoira e a Florida.

O Equipo de Goberno do Concello, vista a necesidade de contar con máis puntos de recollida, decidiu ampliar o número de colectores de 12, que eran os que se determinaron co establecemento do novo contrato de xestión en 2020, a 18 unidades neste ano 2022.

Características dos colectores para a recollida de roupa usada

Os colectores instalados son metálicos e están deseñados especificamente para a recollida téxtil, cun volume útil aproximado de 2,7 m3. Son ademais colectores adaptados coa boca de entrada na parte posterior para facilitar o depósito da roupa ó cidadán, que poderá acceder ó colector dende a mesma beirarrúa para non ter que bordear o colector pola calzada.

En concreto, son colectores en ferro galvanizado inoxidable dunha sola lama e estrutura ignífuga, con medidas anti-valdálicas. A pintura exterior e os adhesivos de personalización, que incluirán o escudo do Concello de Monforte, están protexidos con barniz antigrafitti.

O mantemento dos colectores, así como da zona de uso público adxacente o colector, son responsabilidade da empresa adxudicataria.