O Concello de Bóveda e a Xunta avanzan na construción dunha praia fluvial no río Mao

RibeiraSacraXa
O alcalde de Bóveda e o presidente da Xunta mantiveron un encontro para abordar os principais proxectos de futuro do municipio
José Manuel Arias e Alfonso Rueda
José Manuel Arias e Alfonso Rueda
31 Jan 2025

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, vén de manter un encontro de traballo co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para abordar os principais proxectos de futuro do municipio.

Na reunión, que se celebrou no despacho presidente galego en San Caetano, en Santiago de Compostela, ambos puideron avanzar nalgunha das iniciativas nas que traballa o Goberno local, como é o caso da construción dunha praia fluvial no río Mao.

Ambos os mandatarios trataron tamén sobre as posibilidades de solo industrial no Concello de Bóveda ante a alta demanda que existe. Aínda que estes foron os temas principais da xuntanza, tamén estivo sobre a mesa a aula forestal do viveiro dos Trollos, un espazo para o que o Goberno local conta co apoio da Xunta de Galicia a través de diferentes axudas.

O rexedor, José Manuel Arias, agradeceu “a boa disposición do máximo mandatario autonómico de cara a colaborar cos proxectos en marcha e desexa que pronto sexan unha realidade”. Destaca, así mesmo, “o compromiso continuado da Xunta de Galicia coas iniciativas que o Goberno local vén levando a cabo no Concello de Bóveda”.

A reunión forma parte dunha serie de encontros que vén de iniciar este ano o rexedor para conseguir apoios e axudas doutras administracións para levar a cabo “importantes iniciativas para o impulso da localidade”.

0.16950297355652