O Concello de Bóveda abre o prazo de preinscrición para o Campamento de Verán

RibeiraSacraXa
A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e conta co apoio do Plan Corresponsables
campamento-Bóveda
19 May 2026

O Concello de Bóveda abriu o prazo de preinscrición para participar no Campamento de Verán municipal, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, nados entre os anos 2010 e 2021.

As familias interesadas poderán realizar a preinscrición ata o vindeiro 30 de maio. O programa está organizado polo Concello de Bóveda e financiado a través do Plan Corresponsables, do Ministerio de Igualdade e da Consellería de Política Social e Igualdade.

Desde o Concello indican que as persoas interesadas poden solicitar máis información a través do teléfono 982 426 006 (extensión 5) ou no correo electrónico cultura@concellodeboveda.com.

O campamento enmárcase nas actividades impulsadas para facilitar a conciliación familiar durante o período estival e ofrecer alternativas de lecer para a infancia e a mocidade do municipio.

0.13692307472229