O Concello da Teixeira denuncia un novo vertido ilegal de residuos e lembra o servizo gratuíto de recollida de enseres

RibeiraSacraXa
A administración local pide colaboración á veciñanza para evitar depósitos incontrolados e lembra as opcións dispoñibles para a correcta xestión destes refugallos
cama-tirada-monte-A-Teixeira
29 Jul 2026

O Concello da Teixeira alertou da aparición dun novo depósito incontrolado de residuos e enseres voluminosos nun punto non autorizado do municipio e fixo un chamamento á colaboración cidadá para evitar este tipo de prácticas, que prexudican a contorna e deterioran a imaxe do concello.

Desde a administración local lembran que os residuos voluminosos non deben abandonarse na vía pública nin en espazos non habilitados, xa que existen servizos específicos para garantir a súa correcta xestión e tratamento.

Neste sentido, o Concello informa de que a veciñanza pode facer uso do Punto Limpo de Castro Caldelas, que permanece aberto os martes e xoves de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas durante a maior parte do ano, ampliando o horario de tarde ata as 20.30 horas entre os meses de xullo e setembro. Os sábados, o servizo funciona de 9.00 a 14.00 horas.

Ademais, tamén está dispoñible un servizo de recollida de enseres a domicilio, que pode solicitarse chamando ao teléfono 988 03 30 92 de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas.

O Concello insiste na importancia de utilizar estes recursos para contribuír ao coidado do medio ambiente e manter limpos os espazos públicos do municipio.

0.12154579162598