O Concello da Pobra do Brollón volverá ser beneficiario da subvención para o Obradoiro dual de Emprego
RibeiraSacraXa
O obxectivo é o mantemento e acondicionamento de xardíns e zonas verdes, incluídas rutas de sendeirismo
22 Aug 2024
O Concello da Pobra do Brollón volverá ser beneficiario da subvención concedida para o Obradoiro dual de Emprego Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón 2024-2025.
En canto se aproben as bases de selección, abrirarse o prazo de presentación de solicitudes e o obxectivo é o mantemento e acondicionamento de xardíns e zonas verdes, incluídas rutas de sendeirismo do municipio.
Os traballos do actual Obradoiro de Emprego, no Concello da Pobra do Brollón, actúan nos arredores do edificio do Albergue e Escola de Música municipais, onde os e as participantes crearon o horto do peregrino e un xardín xaponés á entrada.