O Concello da Pobra do Brollón organiza unha cata e un coloquio sobre os viños da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
O encontro, a cargo do enólogo Roberto Regal, terá lugar o sábado 17 de abril, a partir das 19.00 horas, na Casa da Cultura da localidade.
vino cata copa
vino cata copa
12 Abr 2021

O Concello da Pobra do Brollón está a organizar a cata-coloquio Falar co Viño. O encontro terá lugar o sábado 17 de abril, a partir das 19.00 horas, na Casa da Cultura 'Olga Novo' da localidade.

O enólogo Roberto Regal será o encargado de dirixir unha cata de viños da Ribeira Sacra, así como un coloquio no que se abordará a temática dos viños diferenciais fronte aos estandarizados dentro dun mesmo territorio.

No evento tamén se proxectarán fragmentos do documental 'O espertar do viño en Galicia: a volta ao terroir', de Pablo Alonso e Eva Parga.

O prezo da cata, que organiza o Concello da Pobra do Brollón, é de 5 euros. Os interesados en participar poden facer as súas reservas no teléfono 650 624 828, preferiblemente por whatsapp.

0.20965099334717