O Concello da Pobra do Brollón organiza a XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños
RibeiraSacraXa
Todas as persoas interesadas en participar desta festa comunitaria poderán apuntarse na Biblioteca municipal antes do 15 de outubro
18 Sep 2024
O Concello da Pobra do Brollón organiza a XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños, que terá lugar o domingo 20 de outubro, aínda que o prazo para apuntarse remata o 15 de outubro.
Así, todas as persoas interesadas en participar desta festa comunitaria poderán apuntarse na Biblioteca municipal do Concello e desfrutar dunha xornada de convivencia e lecer en compañía dos veciños e veciñas guímaros.
Desta maneira, celebrarase un xantar popular con empanada, polbo, carne ao caldeiro e postre, amenizado con sorteos e a música da Escola Samoeiro.