O Club Neka destaca no Campionato Provincial Escolar de Taekwondo celebrado en Monforte con 26 medallas

RibeiraSacraXa
O club monfortino obtivo 13 medallas de ouro, 5 de prata e 8 de bronce, ademais de varios postos destacados en diferentes categorías
medallas-club-nek-monforte
26 Apr 2026

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou na mañá deste sábado 25 de abril as medallas aos gañadores do Campionato Provincial en Idade Escolar de Técnica e Freestyle de Taekwondo, disputado no Pavillón Polideportivo Municipal da Pinguela.

O acto contou coa presenza do concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e da concelleira de Sanidade, Pilar Espinosa, así como do presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiríz López, e do director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega.
O campionato reuniu arredor de 200 deportistas de entre 6 e 16 anos, pertencentes ás categorías desde benxamín ata xuvenil. Deles, 46 eran membros do Club Neka de Monforte, que tivo unha participación destacada nun evento que ademais é clasificatorio para o Campionato Galego, previsto para o 9 de maio na Coruña.

O Concello de Monforte colaborou como un dos principais patrocinadores, facilitando o transporte dos tapices e a cesión do pavillón municipal. O director deportivo do Club Neka agradeceu este apoio, que permitiu a celebración da competición na cidade.

En canto aos resultados, o Club Neka acadou un total de 13 medallas de ouro, 5 de prata e 8 de bronce, ademais de varios postos destacados en diferentes categorías. As medallas de ouro individuais foron para Lola Díaz, Gabriel Pinto, Inés Casal, Gael Díaz, Alicia Castro e Daniela Varela. A estes triunfos súmanse os logrados en parellas, con ouro para Lola Díaz e Gabriel Pinto, así como en competicións de tríos, onde acadaron o primeiro posto as formacións compostas por Awa Ndao, Uxía Díaz e Raquel Rodríguez; Brais Méndez, Ezequiel e Gabriel Estévez; Thais, Sofía e Bella; Rosa Olmo, Alicia Vega e Alexia González; Yousra, Carla e Raquel Otero; e tamén Asier Touron, Alexandre Méndez e Iván Castro.

No apartado de pratas, o club sumou medallas individuais para Rosa Olmo e Iván Castro, ademais de dous subcampionatos en parellas, conseguidos polas dúas combinacións formadas por Gael Díaz e Daniela Varela por unha banda, e Erik López e María Nieves pola outra. A isto engádese unha prata en tríos, conseguida por Joran, Desmnd e Wallid.

En canto aos bronces, estes chegaron a través das actuacións individuais de Samuel López, Alexandre Méndez, Alexa Fernández, Erzsebeth Álvarez, Erik López e Alba Díaz, mentres que na modalidade de tríos completaron o medalleiro Rosa Olmo xunto ás súas compañeiras Hebe Sara e Aysha.

O Concello de Monforte foi un dos principais colaboradores do evento, achegando apoio loxístico co transporte dos tapices e a cesión das instalacións municipais. Desde o Club Neka agradeceuse esta colaboración, considerada fundamental para a celebración dunha competición destas características na cidade.

0.11475396156311