O Club de Lectura Pintor de Castinande organiza en Sober un encontro arredor de “Repil, 20 de abril de 1949”

O Club de Lectura Pintor de Castinande celebrará este martes 26 de maio ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Sober unha actividade centrada na obra “Repil, 20 de abril de 1949”.
O encontro contará coa participación de Olga Novo, Xurxo Ayán e Santiago Macías, que intervirán nunha sesión aberta ao público para afondar nos contidos e contexto da obra.