O Club Atletismo A Gándara leva dúas medallas de prata para Monforte nos Xogos do Eixo Atlántico

RibeiraSacraXa
Claudia Álvarez Velasco foi subcampioa nos 1.000 metros en pista e na carreira de ruta, mentres que o equipo feminino acadou un cuarto posto na proba de ruta
cd-a-gandara
8 Jul 2026

O Club Atletismo A Gándara, que participou nos XVI Xogos do Eixo Atlántico representando ao Concello de Monforte de Lemos, completou unha participación destacada esta fin de semana en Santiago de Compostela.

A delegación monfortina estivo formada por once atletas e estivo dirixida polo adestrador Ramiro Méndez e a delegada Antía Nieves. No equipo masculino participaron Nicolás, Alejandro, Alexandre, Mauro, Antón e Anxo, mentres que a representación feminina contou con Claudia, Elia, Martina, Amaia e Sabela.

A principal protagonista da competición foi Claudia Álvarez Velasco, que conseguiu dous metais de prata ao proclamarse subcampioa nas probas de 1.000 metros en pista e na carreira de ruta. Estes resultados puxeron de manifesto a súa versatilidade en distintas disciplinas do atletismo.

No apartado colectivo, o equipo feminino de ruta, composto por Claudia, Elia, Amaia e Sabela, quedou preto do podio ao rematar en cuarta posición. Pola súa banda, o equipo masculino formado por Nico, Xandre, Alejandro e Mauro conseguiu a sexta praza nesta mesma modalidade.

Con estes novos resultados, o Club Atletismo A Gándara mantén unha traxectoria positiva nos Xogos do Eixo Atlántico, onde conseguiu subir ao podio nas catro últimas edicións da competición.

Desde o club trasladaron a súa felicitación a atletas e técnicos polo traballo realizado e destacaron que estes resultados son froito do esforzo desenvolvido durante toda a tempada e do bo momento polo que atravesa o atletismo de base monfortino.

0.12484908103943