O Círculo Saviñao acolle diversos concertos de artistas e grupos musicais durante o verán

RibeiraSacraXa
En total, serán oito as actuacións que acollerá o Círculo Saviñao ao longo destes meses de verán
Nerea-Iglesias-no-Circulo-Saviñao
Nerea-Iglesias-no-Circulo-Saviñao
8 Xul 2024

O Círculo Saviñao acolle este verán diversas actuacións musicais para o deleite dos veciños e veciñas de Escairón e os socios deste entidade.

Así, o vindeiro 13 de xullo terá lugar o concerto de José Luis Trotiña ás 20.00 horas; o 20 de xullo terá lugar a actuación de Simone Delgado e Gonzalo Herrero tamén ás 20.00 horas; xa o 27 de xullo será a quenda de Roño Varela e David Quintas con ‘Farsantes’.

Xa en agosto estarán no Saviñao, o 10 de agosto, Roger de Flor e Pedro Montilla; o seguinte concerto será o 17 de agosto na terraza coa compañía de Minguante, Miguel Alonso e Óscar Martínez; tamén o 24 haberá concerto da man de Two in the Mirror, con Noelia Álvarez e Paco Dicenta; o 30 de agosto será a quenda de Nerea Iglesias, que tamén actuará na terraza; e finalmente Atlantis, que estará na terraza do Círculo Saviñao o vindeiro 7 de setembro.

0.19387102127075