O CIMAR será o escenario da primeira 'Xornada Antropolóxica Esgrafiado Galego no Xeoparque'

RibeiraSacraXa
O vindeiro 16 de marzo desenvolverase a primeira xornada antropolóxica esgrafiado galego no Xeoparque Montañas do Courel a partir das 11.
13 Mar 2024

O vindeiro 16 de marzo desenvolverase a primeira xornada antropolóxica esgrafiado galego no Xeoparque Montañas do Courel a partir das 11.00 horas.

Coa colaboración do Concello de Ribas de Sil e o Xeoparque Montañas do Courel, a xornada terá lugar no Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana (CIMAR) de Ribas de Sil.

Haberá diferentes relatores que falarán de historia e xeografía, como a directora do I.E. Campus Stellae, Mar López, entidade organizadora do evento; pero tamén se contará con Rubén López, CEO do Grupo Delux; Gerardo Pochintesta, director de Abrentis Art Gallery; e Roberto Castro, presidente do Xeoparque, que fará unha visita guiada polo CIMAR.

0.083161115646362