O CIM Móbil achegarase á Pobra do Brollón o 25 de xuño para ofrecer atención e asesoramento en materia de violencia de xénero

RibeiraSacraXa
O servizo da Xunta prestará información, apoio psicolóxico, social e xurídico entre as 10.00 e as 14.00 horas xunto á Casa do Concello
CIM MÓBIL
22 Jun 2026

O CIM Móbil regresará á Pobra do Brollón o vindeiro xoves 25 de xuño para ofrecer información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres.

Trátase dun recurso da Xunta de Galicia destinado a aqueles concellos que non contan actualmente cun Centro de Información á Muller (CIM).

O servizo está dirixido tanto a mulleres como á cidadanía en xeral, co obxectivo de atender consultas relacionadas coa información, a atención e a prevención da violencia de xénero.

Co fin de darlle maior visibilidade ao servizo, o CIM Móbil estará dispoñible entre as 10.00 e as 14.00 horas, ao carón da Casa do Concello, na Avenida de Galicia.

0.13308715820312