O CIM de Chantada organiza un obradoiro de autoestima e benestar emocional para mulleres maiores de 60 anos

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro xoves, 23 de abril, baixo o título “Sementando autocoidado”
sementando-autocoidado-chantada
19 Apr 2026

O Concello de Chantada, a través do Centro de Información á Muller (CIM), impulsa unha das actividades programadas con motivo do 8M – Día Internacional da Muller, centrada no autocoidado e no benestar emocional.

Trátase do obradoiro “Sementando autocoidado”, unha proposta dirixida a mulleres maiores de 60 anos que busca fomentar o recoñecemento dos recursos persoais, facilitar a expresión emocional e contribuír á creación de relacións máis saudables consigo mesmas e co seu entorno.
A actividade desenvolverase os xoves 23 e 30 de abril, en horario de 17:00 a 19:00 horas, no Edificio dos Servizos Sociais de Chantada.

0.11724781990051