O Ciclo Mestre Mateo proxecta este xoves o documental '360 Curvas' en Pereiro de Aguiar

O Ciclo Mestre Mateo continúa esta semana en Pereiro de Aguiar coa súa programación cinematográfica cunha nova sesión prevista para este xoves, 9 de xullo, ás 21.00 horas no Auditorio dos Gozos, na que se poderá ver o documental '360 Curvas'.
A película percorre unha estrada de montaña para ofrecer unha reflexión sobre o rural, a memoria e os camiños que condicionan a vida dos territorios, tomando esa vía como símbolo da realidade de lugares que loitan pola súa supervivencia.
Tras esta proxección, o ciclo despedirá a súa programación o 10 de xullo, tamén ás 21.00 horas, co filme 'San Simón', última cita desta edición.