O Ciclo Mestre Mateo leva á Pobra do Brollón o documental gañador da última edición do certame

'Os Espazos en Branco', o documental gañador nos Premios Mestre Mateo 2024, chega á Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón este venres ás 20.15 horas, dentro do Ciclo de Cinema Galego Mestre Mateo. O documental afonda na relación entre o pasado e pasado e presente.
Sinopse
As persoas somos o que somos por quen nos inspira. Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía, a poeta Xela Arias, morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía Xela para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.