O Ciclo Mestre Mateo continúa este mércores en Pereiro de Aguiar coa proxección de ‘Las líneas discontinuas’

O Ciclo Mestre Mateo continúa a súa programación cinematográfica esta semana cunha nova serie de proxeccións que se desenvolverán entre o 8 e o 10 de xullo.
A primeira cita terá lugar este 8 de xullo ás 21.00 horas coa exhibición de ‘Las líneas discontinuas’, un filme que aborda cuestións como a identidade, as relacións humanas e a transformación persoal a través dunha historia de encontros inesperados e cambios vitais.
A programación continuará o 9 de xullo, tamén ás 21.00 horas, coa proxección de ‘360 curvas’. O ciclo pechará esta quenda de sesións o 10 de xullo, á mesma hora, coa película ‘San Simón’.