O centro sociocultural de Bóveda acolleu un acto de presentación de libros
RibeiraSacraXa
Estes tratan das vivencias dalgúns dos usuarios e usuarias que viven na residencia para persoas con diversidade funcional Domus Vi de Bóveda
15 May 2024
O Centro Sociocultural de Bóveda acolleu o acto de presentación de libros do proxecto 'Vidas con historia', que consiste na elaboración duns libros sobre as vivencias dalgúns dos usuarios e usuarias que viven na residencia para persoas con diversidade funcional Domus Vi de Bóveda.
O acto consistiu na presentación e entrega dos libros que elaboraron cinco usuarios e usuarias cos seus correspondentes monitores e monitoras.
Foi un acto participativo e moi emotivo ao que tamén asistiu o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, quen agradeceu o traballo feito por todas as persoas implicadas nesta fermosa iniciativa.