O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda inicia a súa programación de Nadal

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda comeza este venres a súa programación de Nadal coa visita da Apalpadora ao centro.
As actividades continuarán o día 16 coa celebración de Infonadal e o día 19 co tradicional Festival de Nadal, que se realizará ás 12:30 horas. Ese mesmo día inaugurarase tamén a exposición de postais de Nadal elaboradas polo alumnado.