O CEE Infanta Elena de Monforte renova a súa Biblioteca Municipal

RibeiraSacraXa
A Xunta leva destinado a este centro 10.000 euros desde a súa incorporación no curso 2022/2023
Judith Fernández visita o CEE Infanta Elena
Judith Fernández visita o CEE Infanta Elena
27 Nov 2024

O CEE Infanta Elena vén de renovar a súa biblioteca escolar con novo mobiliario a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, no que a Xunta leva destinado a este centro 10.000 euros desde a súa incorporación no curso 2022/2023. Ademais, este centro sumouse este curso ao programa Clubs de lectura co obxectivo de fomentar e consolidar os hábitos lectores e as competencias básicas do alumnado.

Durante unha visita ao centro, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, puxo en valor o traballo que se realiza nesta biblioteca escolar a prol da mellora da atención á diversidade: “Accións como as que podemos ver hoxe nesta visita son moi enriquecedoras para o desenvolvemento do alumnado deste centro e para facer da lectura unha ferramenta fundamental da transformación educativa”, sinalou. Durante a visita, ademais de coñecer as instalacións do centro, Judith Fernández participou nunha sesión de lectura fácil e na contada O chuvasqueiro de Aurora.

As bibliotecas escolares son un motor esencial do desenvolvemento académico e persoal do alumnado galego. Por iso, a Xunta de Galicia impulsa numerosas accións nestes espazos para seguir apoiando a transformación e renovación das bibliotecas, tanto no que atinxe a programas específicos como á dotación de equipamento. Entre as iniciativas destacan o Plambe, a Biblioteca Creativa, Lectura e Familias ou os Clubs de lectura, entre outras.

0.15421986579895