O campamento de verán de Folgoso do Courel desenvolverase do 8 de xullo ao 30 de agosto

RibeiraSacraXa
No marco do programa de conciliación do Concello de Folgoso do Courel, os nenos e nenas do municipio poderán desfrutar de actividades
campamento-Folgoso-do-Courel
campamento-Folgoso-do-Courel
4 Xul 2024

O Concello de Folgoso do Courel contará este ano cun campamento de verán que terá lugar do 8 de xullo ao 30 de agosto.

O horario das actividades será de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres e haberá obradoiros para nenos e nenas de 3 a 16 anos.

As persoas interesadas poderán apuntarse no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica, tendo que pagar 15 euros por mes e cada neno para os empadrados e de 20 euros para os que non o están.

0.17564702033997