O Campamento de Verán Concilia no Courel comezará o vindeiro 3 de xullo e aínda hai prazas

RibeiraSacraXa
O Campamento de Verán Concilia no Courel comezará o vindeiro 3 de xullo e aínda hai prazas para nenos de entre 3 e 16 anos
Campamento Folgoso do Courel
Campamento Folgoso do Courel
28 jun 2023

Folgoso do Courel acollerá o Campamento de Verán Concilia no Courel desde o 3 de xullo ata o 31 de agosto en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Así, 20 nenos e nenas de entre 3 e 16 anos poderán participar deste campamento no que aínda se poden inscribir no Concello de Folgoso do Courel ou de maneira telemática.

Ademais das diferentes actividades que se celebrarán, os nenos que participen poderán contar con servizo de transporte de entre Folgoso e Seoane do Courel.

Campamento Folgoso do Courel