O bus urbano de Monforte funcionará hoxe só de 18.00 a 20.00 horas por mor da folga de viaxeiros

RibeiraSacraXa
O bus urbano de Monforte funcionará hoxe só de 18.00 a 20.00 horas por mor da folga de viaxeiros convocada
Bus urbano Monforte
Bus urbano Monforte
31 mar 2023

O Concello de Monforte informa de que hoxe haberá importantes restricións no horario do bus urbano por mor da folga de transporte de viaxeiros convocada.

Así, o servizo de bus urbano non funcionará ata as 18.00 horas. De 18.00 a 20.00 horas si que se poderá utilizar o bus urbano.

A Xunta de Galicia estableceu estes servizos mínimos para dar servizo nas horas nas que máis cidadáns o utilizan.