O BNG provincial logra o apoio do Pleno nas mocións sobre violencia de xénero e control éolico

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
O BNG tamén trasladou ao pleno provincial a preocupación polo incremento de feminicidios en 2023 e polas últimas agresións sexuais denunciadas en Monforte ou Sarria en contextos de ocio nocturno.
deputados bng deputacion lugo
deputados bng deputacion lugo
1 Nov 2023

O BNG tamén trasladou ao pleno provincial a preocupación polo incremento de feminicidios en 2023 e polas últimas agresións sexuais denunciadas en Monforte ou Sarria en contextos de ocio nocturno.

A deputada Iria Castro remarcou que “a situación, que se dá ademais nun contexto socio-político de avance dos discursos machistas, debe facer saltar todas as alertas nas administracións públicas e levar á revisión dos mecanismos previstos para mellorar a prevención e a intervención, así como para concienciar á sociedade das consecuencias do patriarcado e da falsidade dos discursos que cuestionan a súa existencia”

A deputada nacionalista incidiu neste aspecto durante o debate dunha moción que insta á Xunta de Galicia a impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista.

A iniciativa, aprobada cos votos a favor do PSdG e a abstención do PPdeG, sinala especificamente a necesidade de destinar o 1% do orzamento da Xunta a implementar as medidas pendentes da lei de prevención e tratamento da violencia de xénero de 2007, como a atención psicolóxica na atención primaria, e actualizar conforme ao IPC as prestacións periódicas ás vítimas.

Tamén demanda a aprobación dun programa de ampliación e extensión dos Centros de Información á Muller (CIM) e urxe a aprobación dun protocolo de prevención e intervención fronte a agresións sexuais no marco do ocio nocturno, pendente desde comezos do verán.

SECTOR EÓLICO

A iniciativa do BNG, a Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia que retire a modificación legal recollida na lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña ao orzamento 2024 e que prevé a declaración de interese público superior dos parques eólicos de competencia autonómica

A formación nacionalista sacou adiante no pleno provincial (cos votos a favor do PSdG, e en contra do PPdG) unha moción que reclama ao goberno galego a retirada dunha proposta, que reduce os controis legais para a planificación, construción e explotación de parques eólicos.

O deputado e vicepresidente da Deputación Efrén Castro explicou que “o PP quere colar no tempo de desconto e pola porta de atrás unha modificación lexislativa que permite as eléctricas instalar parques sen control e retira todas as competencias aos concellos”. “Se esta lei estivese vixente, a Serra do Oribio estaría coroada por muíños”, exemplificou sobre a falta de garantías á que aboca esta modificación legal.

O deputado nacionalista reclamou á Xunta de Galiza “unha planificación eólica seria, que respecto o medio ambiente a vida no rural e que repercuta na tarifa eléctrica e nos recursos para os concellos”.

0.18638801574707