O BNG de Quiroga denuncia o estado dun camiño do rural de Quiroga

RibeiraSacraXa
O BNG de Quiroga denuncia o estado dun camiño do rural de Quiroga que foi derrubado hai uns días, como xa lle trasladaron ao alcalde
boquetes Quiroga
boquetes Quiroga
19 Feb 2023

O BNG de Quiroga denuncia o estado do Camiño do Regueiral no final de Pacios en dirección A Ermida.

Desde o grupo nacionalista denuncian que levan avisando ao Concello de Quiroga desde hai días de que existe este derrube no camiño que dificulta e pon en perigo a circulación de vehículos.

Porén, aínda non recibiron resposta e pídenlle ao alcalde que atenda aos veciños do rural todos os días do ano.

0.1860671043396