O BNG de Carballedo denuncia a situación da atención primaria no municipio

RibeiraSacraXa
O BNG de Carballedo denuncia a situación da atención primaria no municipio, en concreto, no centro de saúde da Barrela
BNG Carballedo
BNG Carballedo
22 Feb 2023

O BNG de Carballedo denuncia a situación de atención primaria en Carballedo por falta de médicos no Centro de Saúde da Barrela.

A concelleira nacionalista, Mª Asunción Gómez Neira, argumenta que hai moitos días nos que o centro médico non ten médico ningún, "e cando os hai, os facultativos vense na obriga de alongar as horas de atención diarias e renunciar a permisos laborais".

Por outra parte, a falta de cobertura dunha segunda praza impide a rápida atención dos doentes e obriga aos profesionais a xornadas extras e a ter que renunciar a permisos laborais.

"Esta situación vense prolongando desde hai demasiado tempo, cando unha dos dous facultativos que atenden o Centro de Saúde da Barrela, viuse na obriga de coller unha baixa", explican desde o grupo municipal.

Con todo, desde esta semana e ata marzo, no centro de Saúde da Barrela as consultas médicas serán unhas poucas horas ao día, denuncian, "de maneira que os veciños máis lles vale levar consigo unha axenda coas horas dispoñibles, unha situación propia das películas dos Irmaos Marx", segundo a concelleira nacionalista.

0.19402694702148