O Belén de Sober honra a Ruperto Álvarez

RibeiraSacraXa
O Belén de Sober honra a Ruperto Álvarez cunha combinación de figuras de madeira elaboradas artesanalmente polo defunto
Belén Sober
19 Dec 2022

O Concello de Sober expón o Belén doado pola familia do falecido Ruperto Álvarez, veciño de Vilaescura, na Casa da Cultura.

Este Belén, que é unha réplica da Casa do Concello, foi construído artesanalmente por el incluso despois de cumprir máis de 90 anos e consta de máis de cen pezas.

Ruperto Álvarez foi un carpinteiro que se adicou a esta paixón ata os 101 anos, cando faleceu. Nos últimos anos da súa vida, o seu pasatempo preferido foi o de crear moitos e diferentes tipos de pezas de madeira, que serviron para crear un Belén inesquecible elaborado por el e grazas á axuda da súa familia.

En 2020 dicidiu donalo ao Concello para que o expusera nun lugar público, polo que este ano foi o momento idóneo para levar a cabo o seu desexo.

Así, Sober honra a memoria e á familia de Ruperto Álvarez cun Belén de madeira e artesanal que tamén pon en valor á xente do Concello, representado nesas figuras.

0.19050002098083