O autobús do teatro pasará este sábado por Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
O prazo para anotarse nesta actividade estará aberto ata este mércores, 5 de febreiro
nada-se-sabe
4 Feb 2025

O Centro Dramático Galego continúa durante 2025 co seu programa de mobilidade. Unha iniciativa a través da que o centro traslada os seus “autobuses do teatro” aos diferentes concellos galegos para achegar á súa veciñanza ás representacións teatrais que se desenvolven no Salón Teatro de Santiago.

Este sábado, 8 de febreiro, o autobús do teatro chega a Ribas de Sil, para levar aos participantes a Santiago a ver a representación da obra “Nada se sabe”, unha coprodución do Centro Dramático Galego con Culturactiva, na que dúas actrices e dous actores cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferenza ante a discapacidade, que facemos como sociedade.

O autobús sairá da praza do Concello ás 14.30 hora e oferta un total de 25 prazas. O prazo para anotarse nesta actividade estará aberto ata este mércores, 5 de febreiro.

 

0.17621803283691