O Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acolle este mércores o espectáculo de maxia “Degustación de Imposibles”

RibeiraSacraXa
Kenneth Ilusionista levará ao público unha proposta para desfrutar en familia, con misterio, ilusión e sorpresas para pequenos e maiores
25 Aug 2026

O Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives encherase este mércores, 26 de agosto, de maxia, misterio e ilusión coa chegada do espectáculo “Degustación de Imposibles”, de Kenneth Ilusionista.

A proposta, programada para as 20.00 horas, está pensada para desfrutar en familia e achegar a maxia tanto á rapazada como ás persoas maiores. Os máis pequenos poderán vivir os números con sorpresa, mentres que os adultos terán a oportunidade de recuperar a capacidade de marabillarse ante aquilo que parece imposible.

A actividade desenvolverase no Auditorio Julio Vázquez o mércores, 26 de agosto, ás 20.00 horas.

0.13386297225952