A Pobra de Trives acolle este martes o espectáculo familiar “O que levamos nas maletas”

RibeiraSacraXa
A proposta combina música, historias e emocións para achegar aos máis pequenos aos recordos e ás cancións vinculadas ao lugar de orixe
magin-blanco-nas-maletas
18 Aug 2026

O Auditorio Julio Vázquez acollerá este martes, 19 de agosto, ás 20.00 horas, o espectáculo “O que levamos nas maletas”, unha proposta de Magín Blanco dirixida especialmente aos máis pequenos e pensada para desfrutar en familia.

A actividade presenta unha viaxe a través da música, as historias e as emocións para descubrir aquelas cousas que, aínda que non ocupen espazo físico, sempre acompañan ás persoas. Entre elas están os recordos, as cancións e o amor polo lugar de onde vimos.

“O que levamos nas maletas” ofrece así unha proposta para compartir en familia e achegar aos nenos e nenas a través dun espectáculo que combina diferentes elementos para falar das lembranzas e das raíces.

0.12664103507996