O artista Modesto Trigo Trigo estará este luns no centro sociocultural de Sober falando dos seus retratos

RibeiraSacraXa
O artista Modesto Trigo Trigo estará este luns no centro sociocultural de Sober falando dos seus retratos con café
Artista Modesto Trigo
Artista Modesto Trigo
28 Maio 2023

O artista Modesto Trigo Trigo estará no centro sociocultural de Sober mañá luns, 29 de maio, conversando cos asistentes no marco da actividade 'O faladoiro dos luns'.

Así, a partir das 16.30 horas, as persoas asistentes pasarán a tarde con café e a compañía dun pintor do figurativismo realista, que naceu neste municipio da Ribeira Sacra, mais agora vive na capital, Madrid.

Entre os seus fitos máis característicos está o da súa etapa como muralista en edificios públicos e privados, como o do Concello de Tías, en Canarias. Simultaneamente pintou moitos retratos e e 1985 crea, xunto con Fernando Herrera Goñi e Andrés Martínez Leira, a Asociación Cultural Taller Arte Teguise, con sede no Palacio Espínola do Concello de Teguise.

Charla Modesto Trigo Sober
0.19563794136047