O alumnado do obradoiro de emprego segue con labores de xardinería en Bóveda

O obradoiro dual de emprego 'Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón' continúa co seu programa formativo, no que o alumnado combina a aprendizaxe teórica coa posta en práctica dos seus coñecementos no propio territorio. Nesta fase, os participantes están a dedicarse a labores de acondicionamento e xardinaría en diferentes puntos do municipio de Bóveda.
Estas tarefas forman parte do plan de traballo do obradoiro, que permite a quen participa adquirir experiencia real no coidado e mantemento de espazos públicos. A través deste tipo de actividades, o alumnado pon en práctica competencias relacionadas coa xardinaría e o coidado da contorna, ao tempo que contribúe a mellorar o aspecto de distintas zonas do municipio.
O obradoiro, que leva o seu nome polos tres concellos implicados, continúa así coa súa actividade formativa sobre o terreo.