O alumnado do obradoiro de emprego do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón recibiu os seus diplomas

SarriaXa | RibeiraSacraXa
En concreto, os alumnos e alumnas ocupáronse da instalacións e mantemento dos xardíns e zonas verdes dos tres concellos durante doce meses
Clausura-obradoiro-de-emprego-O-Incio,-Bóveda-e-A-Pobra-do-Brollón-2024
15 Nov 2024

A xefa territorial na provincia de Lugo da Consellería de Emprego, Carmen José López, acompañou aos alcaldes do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón na clausura do obradoiro de emprego no que participaron 20 alumnos que veñen de rematar a súa formación.

Cada un dos e das participantes recibiu o seu diploma de profesionalidade por levar a cabo traballos durante doce meses, nos que a Xunta de Galicia investiu 532.546,20 euros.

O alumnado do obradoiro, cuxo promotor desta edición foi o Concello do Incio, recibiu ensinanzas en silvicultura e traballos de xardinería. En concreto, ocupáronse da instalacións e mantemento dos xardíns e zonas verdes dos tres concellos.

0.16465401649475