O alumnado do IES A Pinguela aprende sobre seguridade ocular ante un eclipse coa oftalmóloga Marta Sampil

O IES A Pinguela de Monforte de Lemos acolleu unha conferencia dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO centrada na seguridade ocular ante a observación de eclipses solares.
A sesión, titulada “Ollos seguros ante unha eclipse”, foi impartida pola médica oftalmóloga Marta Sampil, responsable da Clínica Oftalmolóxica Dra. Marta Sampil de Monforte de Lemos, a instancias do responsable do Planetario do centro, Matías Vázquez.
Durante a charla abordáronse os riscos asociados á observación do Sol sen protección axeitada e homologada, con especial atención á posible irreversibilidade das lesións oculares en caso de exposición incorrecta.
A actividade tivo como obxectivo concienciar ao alumnado sobre a importancia da seguridade visual ante fenómenos astronómicos como os eclipses.