O alumnado do IES a Pinguela abordou nunha conferencia a importancia da saúde mental

RibeiraSacraXa
Alexandre García Caballero, psiquiatra no Hospital de Ourense (CHUO), ofreceu unha conferencia que titulou "Saúde mental cando cambian os marcos"
charla-ies-a-pinguela
29 Nov 2024

Esta semana, os mozos e mozas do IES A Pinguela de Monforte de Lemos recibiron a visita de Alexandre García Caballero, psiquiatra no Hospital de Ourense (CHUO) e doutor pola USC que foi responsable da Área de Saúde Mental do SERGAS.

García Caballero ofreceulle ao alumnado de primeiro de Bacharelato Ciencias e Humanidades
unha conferencia que titulou "Saúde mental cando cambian os marcos", na que abordou cuestións relacionadas coa adolescencia e que foi moi ben valorada polo alumnado.

 

 

0.080522060394287