O alumnado do Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez protagonizou un concerto na rúa

RibeiraSacraXa
“Con esta mostra musical ao aire libre damos a coñecer a actividade que se realiza no Conservatorio dun xeito distinto", asegurou o alcalde
Conservatorio-na-rúa-Monforte
Conservatorio-na-rúa-Monforte
21 Xuño 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou na nova edición da xornada Conservatorio na rúa que o Concello organiza a través do Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez, e que se celebrou ao longo da rúa Cardeal.

No transcurso do certame musical, estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, así como o concelleiro de Servizos, José Luis Losada.

O evento desenvolveuse ao aire libre, localizando nesta rúas peonil puntos musicais con distintos instrumentos. Participaron alumnos e alumnas, así como profesores e profesoras do Conservatorio monfortino. O acto concluíu coa actuación da orquestra do Conservatorio.

“Con esta mostra musical ao aire libre damos a coñecer a actividade que se realiza no Conservatorio dun xeito distinto ao habitual, máis aberto e público. Procurando a formación integral do alumnado e intentando crear ao mesmo tempo un ambiente musical nesta céntrica rúa” salienta o rexedor, José Tomé Roca.

O acto contou coa participación de numeroso público que disfrutou dos diferentes puntos en que se celebraron actuacións musicais, e que se congregou masivamente coa actuación final da orquestra.

0.18522787094116