O alumnado de UNED Sénior Lugo realiza unha visita cultural a Monforte de Lemos

RibeiraSacraXa
As persoas participantes visitaron o Museo de Arte Sacra do Mosteiro das Clarisas e gozaron dun xantar de convivencia
visita-uned-senior-monforte
18 Jun 2026

O grupo de UNED Sénior Lugo, acompañado pola profesora Raquel Iglesias, levou a cabo unha saída cultural a Monforte de Lemos na que visitou o Museo de Arte Sacra do Mosteiro das Clarisas, un dos espazos museísticos máis destacados de Galicia pola relevancia e singularidade das súas coleccións.

Durante a visita, as persoas participantes tiveron a oportunidade de coñecer unha ampla colección de arte sacra española composta por pezas de gran valor histórico e artístico, datadas maioritariamente entre os séculos XVI e XVII. Moitas destas obras presentan influencias napolitanas, reflexo das relacións artísticas entre España e Italia na Idade Moderna, o que outorga ao conxunto un especial interese patrimonial.

A actividade permitiu ao alumnado achegarse á evolución da arte relixiosa e á súa dimensión histórica e espiritual, nun percorrido que espertou un notable interese entre os asistentes.

A xornada completouse cun xantar de convivencia no Restaurante Miraz, en Lugo, onde o grupo compartiu impresións sobre a visita nun ambiente de intercambio, aprendizaxe e compañeirismo.

0.13470911979675